Thursday 19 de September de 2024

Máis actividades de lecer para persoas con diversidade funcional


O Concello vai continuar co programa de ocio saudable dirixido a persoas con diversidade funcional. “Findes de lecer” permitirá gozar de dúas saídas convivenciais en grupo para persoas con diversidade funcional á residencia de tempo libre do Carballiño, en Ourense, para as que o prazo de inscrición irá do 20 ao 24 de maio.

As excursións, que inclúen diversas actividades saudables de tipo sociocultural e deportivo, terán lugar o 14 e 15 de xullo e o 19 e 20 de outubro. Para apuntarse deben ter entre 12 e 55 anos e dispoñer dun certificado de discapacidade.

“Findes de lecer” é un xeito de contribuír á calidade de vida de persoas que polas súas características funcionais non dispoñen de moitas facilidades de viaxar ou realizar actividades sociais, ofrecéndose así unha alternativa ao illamento e o sedentarismo.